Address

C.E.I.P Plurilingüe Calvo Sotelo
Avenida de Compostela (s/n) Uceira
32500 O Carballiño, Ourense, Spain

MOI IMPORTANTE!!
Para acceder aos libros dixitais os nomes de usuarios e contrasinais son os seguintes:
--COVTIGER3(usuario) e MACMILLAN2020(contrasinal)
--COVTIGER4(usuario) e MACMILLAN2020(contrasinal)
--COVTIGER5(usuario) e MACMILLAN2020(contrasinal)
-6º-COVTIGER6(usuario) e MACMILLAN2020(contrasinal)

miércoles, 16 de marzo de 2011

My american experience

A miña experiencia americana
Ola,chámome  Inma López e son profesora de Inglés no Colexio Calvo Sotelo de O Carballiño dende fai 7 anos….aínda  que os últimos 3 anos non estiven aquí senón en Estados Unidos,participando nunha experiencia chamada Profesores Visitantes en Estados Unidos,en convocatoria do MEC.Era un soño moi antigo que eu tiña,vivir esta aventura,e podo dicir que é unha das mellores cousas que fixen na miña vida.
A miña aventura americana transcurríu en Houston,Texas,no centro sur do país,pegada ó golfo de México.Houston é unha cidade moi grande,con catro millóns de habitantes de todo o planeta,eu creo que podes atopar alí alomenos unha persoa de cada país do mundo!
Durante estes 3 anos traballei como mestra bilingüe nunha escola primaria chamada Almeda,pertencente ó distrito escolar de Houston.Fun titora de 2º curso dous anos,e o terceiro ano fun titora dun 1º.Os meus alumnos eran hispanos,mexicanos na gran maioría.A miña escola tiña nenos hispanos e afroamericanos,en igual número,ó igual que os Mestres,afroamericanos e hispanos na gran maioría.O meu traballo cos meus rapaces era ser a súa profesora de casi tódalas materias,combinando español e inglés, e facilitarlles a adaptación ó inglés porque moitos deles levaban pouco tempo en Estados Unidos e aínda non o  falaban.Pra min foi unha experiencia extraordinaria,aprendín moito e traballei moitísimo porque,ó mesmo tempo,tiven que aprender o sistema educativo americano sobre a marcha,e cumprir con todo o que se me esixía,que era moitísimo,había unha presión tremenda,sobre os mestres e tamén sobre os nenos.
Pero non todo foi traballar.Como me apaixona viaxar cada vez que tiña a oportunidade organizaba unha viaxe a calquera dos miles de destinos maravillosos que se poden atopar en América:Nova Iorque,Las Vegas,Miami,Hawaii,Utah,Chicago,o Gran Cañón,etc.Pero tamén outros países como Cuba,México o Guatemala .
Agora que estou de volta en Carballiño intento por en práctica algunhas das cousas que aprendín na miña experiencia americana.